Futuro do emprego industrial en Galicia
Resumen
Non podemos falar do futuro sen falar antes do presente e, máis aló do que reflicten os diferentes indicadores —malos no 2019 e peores no 2020 pola crise asociada á covid-19—, os problemas da industria en Galicia agraváronse nos últimos anos, afastándoa do obxectivo europeo de alcanzar no 2020 o 20 % do PIB, Galicia queda no 15,9 %.
En conxunto, a industria galega non só non experimentou ningunha mellora substancial nos últimos anos, senón que, de feito, empeorou notablemente nalgúns ámbitos, evidenciando a ausencia de políticas industriais das Administracións central e autonómica.
Resulta especialmente grave a actuación da Administración autonómica, que non usa as súas competencias plenas en materia de política industrial. Cando no Consello Económico e Social de Galicia —representación da pluralidade da sociedade civil galega— acordamos un documento de 50 propostas para relanzar o sector industrial galego, a Xunta non só se puxo de costas e non participou, senón que despois nin sequera levou á practica as iniciativas que eran da súa competencia.