Futuro do emprego industrial en Galicia
Resumen
Segundo os datos das contas económicas trimestrais do IGE, no ano 2020 o sector servizos xerou o 64,1% do PIB galego, en tanto que o sector industrial supoñía o 15,9 % do PIB (11,3% a industria manufactureira) e a construción e o sector primario, o 6,7 % e o 4,9 % do PIB, respectivamente. O 8,3 % restante corresponde aos impostos netos sobre os produtos.
Esa é a foto do 2020 mais, cal foi a evolución nos derradeiros anos?:
Se partimos do ano 2008, observase un descenso do valor engadido bruto (VEB) xerado polas ramas industriais, entre os anos 2008 e 2012, e unha recuperación da variación positiva entre os anos 2012 e 2018.
Publicado
2023-01-25
Sección
Artículos